14 octubre 2011

Hoxe, 20 anos co CGAI

Ola veciños,
Lembrade que hoxe, ás 19:00 h., na Biblioteca de Os Rosales teremos a 1ª sesión de '20 anos co CGAI', dedicada á curtametraxe galega. Estas son as curtas que veremos e que nos presentará José Manuel Sande, responsable de programación do CGAI:
- Viuda Gómez (Xavier Villaverde, 1984)
- O desexo (Miguel Castelo, 1994)
- O trasto (Rafael Calvo, 2002)
- Minotauromaquia (Juan Pablo Echeverry, 2004)
Ás proxeccións realizaranse na sala de adultos, que convertiremos nunha pequena sala de cine.
Polo tanto, a partires das 19:00 h. non haberá os habituais servizos de préstamo, ordenadores, consolas, etc. As devolucións poderán facerse na sala infantil. Disculpade as molestias.
Aquí tedes un vídeo con información máis exhaustiva da programación completa:

Vémonos esta tarde!!!

No hay comentarios: